Kiosko y Más

SONIA VILLAPOL SALGADO «Un 80 por cento dos enfermos de covid que son hospitalizados teñen déficit de vitamin

▶ NEUROCIENTÍFICA E INVESTIGADORA LUCENSE EN ESTADOS UNIDOS

TEXTO: SABELA CORBELLE FOTO: VICTORIA RODRíGUEZ

Desde Estados Unidos, a investigadora lucense Sonia Villapol traballa arreo en busca dun tratamento que permita frear o covid. Parte dunha base: os seus estudios sobre a influencia da flora intestinal no cerebro e, curiosamente, tamén na severidade da infección por coronavirus.

DE VACACIóNS estes días en Bretoña, A Pastoriza, a neurocientífica e investigadora Sonia Villapol segue a revisar todas as actualizacións das publicacións científicas sobre o covid-19. Profesora no Hospital Metodista de Investigación e tamén investigadora no Centro Médico de Texas, en Houston, Sonia Villapol aproveitou as súas investigacións previas sobre a influencia da flora bacteriana intestinal no cerebro para intentar descubrir a súa repercusión no covid 19 e, ao mesmo tempo, atopar unha medicación que deteña o seu avance trala infección. Como está a vincular as súas investigacións previas sobre a relación da flora intestinal co cerebro co covid-19?

O noso equipo de investigación estivo a traballar —en coordinación con outra xente do Reino Unido, Italia, Arxentina e tamén Sevilla— na secuenciación da flora bacteriana dos pacientes hospitalizados para ver como influía a flora na evolución do paciente. E a idea é, a partir de agora, facer unha interpretación de como a flora bacteriana afecta ó covid persistente. Hai unha asociación entre a severidade do covid cos cambios que poidan ter eses pacientes na súa flora intestinal. Isto podería dar unha idea de diagnóstico e tratamento, modulando o sistema inmunitario. A maior parte dos casos de covid persistente son problemas neurolóxicos. É interesante descubrir se estes cambios nestas bacterias inflúen niso e se a toma dos prebióticos, que son antiinflamatorios e antioxidantes, poden rebaixar estes síntomas. Estamos facendo un ensaio clínico sobre iso.

Podería ser, entón, a comida clave para frear a expansión do virus no corpo?

É moi importante a alimentación, mesmo para previr o covid. Os alimentos prebióticos son reguladores do funcionamento do cerebro e do intestino e a súa acción é antiinflamatoria. Pero, ademais, dos enfermos hospitalizados, concluiuse que un 80 por cento deles tiñan déficit de vitamina D, que é moi importante para o sistema inmune, igual que a vitamina C, o zinc, ou o Omega 3. As persoas ben alimentadas están máis protexidas contra o covid e se se contaxian, teñen un covid leve, non persistente.

Na súa anterior investigación, un dos tratamentos que propoñía era o trasplante fecal cunha flora bacteriana rica para tratar certos problemas de saúde como a enfermidade de Crohn. Valería isto para un enfermo de covid?

Os transplantes fecais funcionan ben pero, agora mesmo, co covid é un risco facelo porque as feces poden levar o virus. Agora optamos polo consumo de prebióticos, sen risco ningún. O covid está presente nas feces durante meses e, por iso, é tan interesante a secuenciación das augas fecais que se está a facer por un equipo de investigadores na Coruña. Mediante este sistema, pódese determinar a incidencia no virus entre a poboación, mesmo se pode prever dúas semanas antes de que aparezan os primeiros casos de contaxio. Desta maneira sábese, agora mesmo, que a variante Delta é a prevalente en Galicia.

Non se pode deter este avance da variante Delta coas vacinas?

Non de todo. Se con outra variante do covid, podes contaxiar a unha ou dúas persoas; coa Delta, contaxias a tres ou catro porque a carga viral é máis alta. O virus xa aprendeu a entrar no epitelio respiratorio e van xurdir variantes novas pero a porcentaxe de contaxios, a través dos vacinados, é máis baixo porque liberas menos virus. É ben levar as máscaras. En Estados Unidos, estase outra vez a levar máscara, mesmo a xente vacinada porque cambiou o virus. O 97 por cento dos hospitalizados alí non están vacinados. Mentres non estea vacinada toda a poboación, o virus vaise seguir reproducindo e vai aparecer outra variante nova e máis contaxiosa.

A nosa idea é buscar un tratamento contra o covid modulando o sistema inmunitario»

Hai unha relación entre a severidade do covid cos cambios na flora intestinal»

Os nenos aínda están sen vacinar e van ser os máis desprotexidos. Se non se vacinan, incluso se verán casos máis graves de covid entre eles»

Se hai máis contaxios, tamén haberá máis variantes. A tercera dose vaise necesitar seguramente hacia o outono. Estanse probando a Pfizer e a Moderna contra a variante Delta. Ou se vacina todo o mundo ou todo o mundo vai pasar a covid. Os nenos aínda están sen vacinar e van ser os máis desprotexidos, van estar en perigo no outono. Vanse ver máis casos graves entre os nenos. No outono e no inverno, virá a pandemia da xente non vacinada.

Os que pasan o covid tamén se deberían vacinar?

É recomendable agardar dez días para rematar a fase aguda da infección. Agora mesmo, hai un estudio clínico en marcha entre pacientes con covid persistente que comezaron a recuperarse despois de vacinarse e en seguida. Alguén que pasou a enfermidade cunha só dose de vacina ten máis inmunidade que outro, que non a pasase, coas dúas. Aínda un ano despois de pasar a covid, tes

Enportada

es-es

2021-08-01T07:00:00.0000000Z

2021-08-01T07:00:00.0000000Z

https://lectura.kioskoymas.com/article/281543703965890

ABC