Kiosko y Más

«Moldear é a parte máis artesanal e a máis creativa »

Marga Portomeñe Artesá especializada en cabezudos, estará na Mostra de Vellos Oficios Artesáns de hoxe

POR: SILVIA PENELAS FOTO: AEP

Que verán os asistentes á demostración?

Estarei facendo un cabezudo na Praza Maior a partir das once da mañá. Tamén explicarei o proceso de elaboración e intentarei achegar o oficio artesanal aos presentes.

Canto pode durar a elaboración dun cabezudo? Realmente pode durar un mes pero hoxe vou facer como os cociñeiros da televisión e levarei varias pezas xa preparadas para amosar o proceso.

Que paso da elaboración é o que máis desfruta? Normalmente primeiro moldéase o barro, logo pónse o molde de escaiola e despois o cartón pedra. Unha vez remátase comeza o proceso de secado que é lento. Finalmente imprímese, líxase e píntase. Gústame a parte máis artesanal e creativa, así que diría moldear ou pintar.

Ten proxectos próximos? Si, estou restaurando e facendo o vestiario dos xigantes e cabezudos para a festa de Rábade. Ademais, formo parte do programa Lugo é Artesanía, da Deputación. O 15 de setembro farase un roteiro polo meu obradoiro e polo de Ceniza de Papel e Augatinta. Cada visita durará máis ou menos unha hora.

Lugo

es-es

2021-08-01T07:00:00.0000000Z

2021-08-01T07:00:00.0000000Z

https://lectura.kioskoymas.com/article/281676847952066

ABC