Kiosko y Más

Mondoñedo volve dar luz e esperanza á artesanía galega

▶ As xogadoras do Burela FSF foron as encargadas de pregoar a XVI Feira de Artesanía do Barrio dos Muíños

ADRIANA RIVERA

MONDOÑEDO. A Feira de Artesanía de Mondoñedo volve a poñer no mapa aos artesáns galegos do Barrio dos Muíños, coñecidos tradicionalmente por ser o berce artesán desta vila.

Arredor dunha vintena de postos encheron as rúas deste barrio con numerosas manualidades, todas realizadas con adicación e agarimo.

Esta feira de artesanía, que se vén celebrando dende o ano 2004 en Mondoñedo, supón un impulso para moitos artesáns que viron a súa producción parada por mor da pandemia.

Ao longo do percorrido, podíanse apreciar unha gran variedade de obxectos artesanais coma pulseiras de coiro, pendentes feitos con metacrilato, alfarería, serigrafía, títeres, antigüidades ou comida, a través dun posto hortícola e outro con doces típicos de Francia da man dunhas artesás procedentes do país galo e afincadas en Lourenzá.

A xornada comezou co pregón por parte de tres xogadoras do Burela FS: Lara, Peque e Dany, centrado no compromiso e o esforzo, aspectos que coñecen ben e que comparten con estes artesáns.

No acto de apertura tamén estiveron presentes o alcalde de Mondoñedo, Miguel Ángel Otero, xunto con membros do goberno local e das asociacións organizadoras, como a dos Muíños ou artesanía de Galicia.

A Mariña

es-es

2021-08-01T07:00:00.0000000Z

2021-08-01T07:00:00.0000000Z

https://lectura.kioskoymas.com/article/282054805074114

ABC