Kiosko y Más

As festas, para o ano que vén

POR ALFONSO OTERO REGAL

SCOITAR AOS políticos de turno, fai dúas semanas tan só, dicir que axiña poderemos prescindir da máscara en exteriores foi unha boa nova, unha barreira que ía caer e empezaría este primeiro de agosto a desexada normalidade. Máscara, normalidade, distancia social, espazos ventilados… son termos e expresións que soaron nas parolas de políticos de todas as ideoloxías.

E un que é un inxenuo vai e creuno, todo fose para conservar a saúde. Algún chegou a dicir que polo 20 de agosto chegaría a España a inmunidade de grupo. E a cousa ía vento en popa e ata chegar á franxa dos 30 a imensa maioría das persoas acudían a poñer as vacinas. Só unha minoría, baixo as máis extrafalarias e mentireiras teorías non o facía.

E chegouse aos mais xóvenes e esa porcentaxe baixou en picado, din, e ieso que se presumía por todos os recunchos que tiñamos a xuventude mellor prepara da historia, pois toma fraseciña. O egoísmo e a insolidariedade son unhas das peores secuelas que aniñan na condición humana.

Algúns non teñen inconvinte algún en menosprezar as reco

Emendacións dos científicos na súa tolemia festeira, a pesar dos datos que ofrecen os responsables de Sanidade onde se constata un elevado aumento dos contaxios e ingresos en hospitais derivados da pandemia de Covid-19.

As recomendacións aconsellan non celebrar eventos multitudinarios. Os peches, as atracións, as casetas, a música, o botellón, atraen a milleiros de persoas, en gran parte novos, idade máis propicia aos contaxios, que se concentrarán nuns espazos onde aplicar medidas de seguridade é practicamente inviable; esperemos que as autoridades correspondentes que teñen que dar o visto e prace sexan conscientes da situación e teñan máis lucidez e deneguen os correspondentes permisos para celebrar as festas ou derivados. A este respeto o que pido á Xunta é que dea subencións aos nosos músicos que levan dous anos sin poder traballar cos cartos que gasta en festivais.

Segundo como evolucione a pandemia pódense celebrar festas máis adiante, o vindeiro ano ou o seguinte con menos riscos para a saúde.

Aínda que se atopen de imbuidos de ignorancia e prepotencia, algúns deben pensar que a vida non remata por que non se celebren as festas patronais, Pódense estudar alternativas, aplicando todas as medidas de seguridade necesarias e cumplilas ou facer cumplilas descentralizando as actuacións por barrios, promocionando actividades lúdicas, culturais e deportivas ao aire libre, etc. Sería procedente, ademais de estar ao día da evolución da pandemia, solicitar a opinión dos profesionais da sanidade, tanto da Comunidade como do hospital e centros de saúde do noso municipio; seguramente, tras as necesarias explicacións destes profesionais, teñan a necesaria lucidez para cancelar os festexos.

Voltar ás andadas pódenos levar a consecuencias negativas para a saúde dos asistentes aos eventos, tanto veciños como foráneos, máis os previsibles contaxios a amigos e familiares. E aos negacionistas, que pensen que ata o Papa foi o primeiro en vacinarse.

A Mariña

es-es

2021-08-01T07:00:00.0000000Z

2021-08-01T07:00:00.0000000Z

https://lectura.kioskoymas.com/article/282063395008706

ABC