Kiosko y Más

Repesca

Como van facer a repesca dos de 30 a 39 se aínda non nos vacinaron? A xestión nestes últimos tempos está sendo canto menos de risa. Contactos estreitos de positivos aos que non chaman ata pasados días para facer a PCR e eses os que teñen a sorte de ser chamados que outros nin iso. Gardan corentena os que son responsables e conscientes da importancia e os que non; como ninguén os chamou, pois polo mundo adiante esparcendo máis o bicho. E o que aínda é peor, vas aos cribados e os negativos notifícanos ao día seguinte e os positivos tardan 48 horas en notificalos...

Se precisan máis persoal, que o contraten. Pero isto non está como para xogar coa saúde nin cos postos de traballo da xente, que moitos deles xa perderon e outros moitos penden dun fío.

Iria Acevedo.

Facebook

Opinión

es-es

2021-08-01T07:00:00.0000000Z

2021-08-01T07:00:00.0000000Z

https://lectura.kioskoymas.com/article/282252373569730

ABC