Kiosko y Más

Grandes cachadas

22.35

Os éxitos do verán serán protagonistas na divertida e festeira proposta que o programa ‘Grandes Cachadas’ fai para esta noite. Co especial ‘O verán da miña vida’, o espazo da TVG poralle a banda sonora a estes meses de calor cunha variada selección musical asociada ás vacacións, a praia, as festas...

Neste programa, os espectadores escoitarán as cancións máis coñecidas de tres habituais dos chiringuitos e das verbenas:

Georgie Dann (con éxitos como ‘El chiringuito’ e ‘La barbacoa’), King África (con temas como ‘Bomba’) e Henry Méndez (cantante dos éxitos‘Rayos de sol’ e‘El tiburón’). Tamén estarán moi presentes as orquestras, imprescindibles en calquera celebración propia do verán. O programa, presentado por Esther Estévez, non esquecerá tampouco os temas clásicos como‘Eva María se fue’, ‘Un rayo de sol’, ‘Mayonesa’, ‘Aquí no hay playa’ e moitas que xogan con dobres sentidos, inspiradas nas calores propias destes meses.

Ocio

es-es

2021-08-01T07:00:00.0000000Z

2021-08-01T07:00:00.0000000Z

https://lectura.kioskoymas.com/article/282823604220098

ABC